Publicidad:
La Coctelera

FESTAS DE CEDEIRA

do pobo e mais da xente de Cedeira

16 Octubre 2009

As amas de casa de Cedeira reúnen esta fin de semana a unhas 600 palilleiras

REDACCIÓN > FERROL

 

A xuntanza de palilleiras de Cedeira chega mañá á súa sexta edición. E faino repetindo o éxito das convocatorias anteriores. Deste xeito, no polideportivo municipal concentraranse unhas 600 persoas procedentes das catro provincias galegas, de León, de Asturias, de Cantabria, de Andalucía e de Barcelona. En vista da enorme resposta que hai á iniciativa da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, houbo que cambiar a ubicación, pasando do pavillón do colexio Nicolás del Río ó municipal.

Parte desa boa acollida ten que ver coa experiencia que a organización adquire desprazándose a outros encontros. Oviedo, Xixón, Ourense, Pontevedra ou A Coruña foron algunhas das cidades ás que acudiron nos últimos meses. "Imos a menos sitios dos que deberiamos, por toda a xente que vén aquí, pero non podemos. Do que vemos, o que está ben copiámolo, e o que non, corrixímolo", apunta Mariví Zaera, presidenta da entidade. Tamén destaca a unión que hai entre as socias como unha das claves da boa marcha da xuntanza.

 

Sorteos e premios > A concentración de palilleiras de Cedeira comeza mañá ás dez, co recibimento ás participantes e a adxucación de sitios. O soniquete dos bolillos escoitarase ata ás 12.30 horas, cando comece o primeiro dos sorteos de agasallos que se celebrará durante a xornada. O segundo farase ás 17.30 horas. Pódese levar adiante grazas á colaboración dos comercios e, en xeral, dos cidadáns de Cedeira, algo que Mariví Zaera non quere deixar de agradecer. "É raro o establecemento que non nos dá algo para a xuntanza", explica. Coa venda das rifas consiguen o financiamento para sufragar os gastos dun evento deste tipo.

A pausa para o xantar -nesta data énchense tódolos restaurantes da vila- faise ás dúas e, un par de horas despois, reanúdase o traballo. En torno ás sete dáse por rematada a concentración con premios ó grupo máis numeroso, ó chegado desde máis lonxe e á palilleira de maior idade.

A concentración complétase con varios postos de venda de artesanía e de obxectos vencellados coas labores. Ademais, ata finais de mes, no antigo restaurante Lourido pódese visitar, de cino a oito da tarde, unha exposición cos traballos que fixeron ó longo do ano as alumnas dos talleres que organiza a entidade. Mañá está aberta durante todo o día.

A asociación de amas de casa de Cedeira conta cunhas 250 socias e imparte obradoiros de encaixe de bolillos, bordado, bordado canario e manualidades. En total, asisten ó redor dun cento de persoas a estas actividades. A directiva conta ademais con xente de distintas idades, o que asegura o relevo xeracional. Tamén nas clases de encaixe de bolillos hai certa renovación no alumnado, aínda que Mariví Zaera recoñece que, nun primeiro momento, a idea bota para atrás. "A xente que vai a clase tenlle un pouco de medo, parécelle moi difícil, e non o é. Precísase paciencia pero, como en todo, unha vez que te asentas, non hai problema", apunta.

Link: www.diariodeferrol.com

servido por festascedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

www.servicont.com

Fotos

festascedeira todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera