Publicidad:
Terra
La Coctelera

NOVAS DE CEDEIRA

do pobo e mais da xente de Cedeira (Email : infocedeira@gmail.com)

5 Agosto 2010

Festa do Lugnasad / Cedeira - Agosto 2010

 

FESTA CELTA DO LUGNASAD CEDEIRA 2010

 

 

26 - 27 - 28 DE AGOSTO

 

  

PROGRAMA

  

DIA 26 (XOVES): "A QUEIMA DO ESPANTALLO"

  

Farase un espantallo con roupa vella (só roupa e prendas de vestir). Toda a xente que queira (aínda que non sexan parellas), durante todo o día, pode ir poñendo roupa no Espantallo Á noite (23,00 h.) queimarase o espantallo. Simboliza a cancelación dos matrimonios do ano anterior. As parellas quedan solteiras e poden volver a casar.

  

¡COLGA NO ESPANTALLO A ROUPA VELLA!

  

DIA 27 (VENRES): "XOGOS PARA NENOS" e "A NOITE DOS DRUÏDAS"

  

Polo día actividades propias do poboado, Xogos para os nenos (17,00 h.) e "xornada de reflexión" para aquelas parellas que se van casar. Á noite (23,00 h.) xuntanza dos druïdas para elabora-la "poción máxica".

 

DIA 28 (SÁBADO): "CELEBRACIÓN DAS VODAS CELTAS"

  

Pola mañá (12,00 h.) PASARRÚAS ata a vila con Robaleira (escola de gaitas), a Crina (clan ecuestre), os noivos, os diferentes clans, os druïdas, as sacerdotisas e toda a xente que vaia vestida de época.

  

Pola tarde (17,00 h.): Á BUSCA DO GRIAL (un xogo para nenos) Importante: Tódolos nenos e nenas que queiran participar neste xogo terán que vir vestidos de época.

  

Á noite (23,00 h.): Celebración das VODAS CELTAS na praia de A Magdalena, á veira do mar, polo druïda Manuel Aneiros "Aneiros dos Ártabros". A continuación Cea Celta para os noivos e Queimada.

  

NOTA: Dende o luns día 23 comezarase a monta-lo poboado. Tódolos clans de maiores e nenos e nenas (miudinhos) que queiran montar unha cabana deberán inscribirse previamente na oficina de Turismo (no Palacete)

  

Poboado Celta: para tódolos clans.

 

Poboado dos Miudinhos: para nenos e nenas.

Máis información: http://blogs.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog.view&friendId=464585938&blogId=537736732&actp=n%2b0prKAebczfG13CmB%2fL170xxzjSK8k%2f19igSi%2f1c3vFrKSdG4VwAe0JTCVeV1%2bSGyWHazl1pr5llc8tLJ1AQVuW5vJAwbFivHWrZZOBSIqhKaBySrneMzQ4WmEkFXicJUMGqxya1eFBr0tU9q3VhuwdsinE99WHx3l5xjeS9Y7aU2dSaJmApWE8irVNWJjA%2fmnIQkPrf%2fUzwFNsIRBCkN4ZNb16TEDCbY3AUoEeZqB5b5EJ%2bFAlRDsKjWMs%2bROz#ixzz0viSKZwqG

servido por festascedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

festascedeira todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera