Publicidad:
Terra
La Coctelera

NOVAS DE CEDEIRA

do pobo e mais da xente de Cedeira (Email : infocedeira@gmail.com)

11 Julio 2011

DA IGUAL

 

Diego R. Piñón

Nin antes co bipartito a través de convenios,nin agora co actual goberno vía contratos, da igual; a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta segue a incumplir os prazos de pago ás asociacións que atenden ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia.
Nada máis e nada menos que 45 entidades repartidas por toda a xeografía do país levan dende marzo do presente ano a velas vir, sen recibir as aportacións económicas establecidas por "contratación" coa administración autonómica.
Eso sí, elas teñen que seguir facendo fronte ás súas obrigacións contractuais (pagos de persoal, mantemento, instalacións, manutención, transporte, obradoiros, ocio e tempo libre...) aínda que as súas contas bancarias estén baixo mínimos e teñan que empezar a negociar e solicitar novamente créditos para subsistir, para non deixar á xente sen traballo e a miles de persoas con discapacidade intelectual desatendidas.
Non gasten o tempo e os recursos anunciando con moita rimbombancia o marabilloso plan de atención as persoas con discapacidade, paguen o que deben e cumplan coa súa obriga, coa súa parte da contrata en tempo e forma axeitadas.
Se non fan isto e se corrixen eses déficits de forma definitiva, algúns seguiremos pensando que non lles importa a sorte deste colectivo, que a súa atención e calidade de vida lles da igual.

www.diariodeferrol.com

 

servido por festascedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

festascedeira todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera