Publicidad:
Terra
La Coctelera

NOVAS DE CEDEIRA

do pobo e mais da xente de Cedeira (Email : infocedeira@gmail.com)

24 Julio 2011

A vila de Cedeira regresa ao pasado cunha activa Feira Medieval aberta ata mañá

redacción > ferrol
 A vila de Cedeira ten sona dunha espectacular actividade en verán e nesta fin de semana demostrouno abondo. Sen dúbida o máis destacado foi a inauguración da Feira Medieval, unha cita que se está a poñer de moda en calquera lugar que pretenda chamar a atención e reclamar visitantes.
Así, na vila cedeiresa a zona do parque Sagrado Corazón encheuse con máis de medio cento de postos entre os que non faltan ferreiros, panadeiros, obradoiros de barro, destileiría, queixería, vidro, coiro, alquimia, xoguetes, cestería, tatuaxes, alpargatas, quiromancia e todo tipo de reclamos artesanais e turísticos como postos de alimentación e tabernas con produtos de hoxe.
A ambientación non faltou e a zona engalanouse con decoración de época e moitos visitantes usaron traxes festivos que recordaban a outros tempos. No apartado de animación de rúa o grupo Losinfuste encargouse de ofrecer espectáculos variados, desde pezas teatrais a danza do ventre. A empresa Cantabria Medieval é a encargada de organizar as actividades que se estenderán ata mañá durante toda a xornada aproveitando o día festivo.

link: www.diariodeferrol.com

 

servido por festascedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

festascedeira todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera