Publicidad:
Terra
La Coctelera

NOVAS DE CEDEIRA

do pobo e mais da xente de Cedeira (Email : infocedeira@gmail.com)

12 Agosto 2011

Cedeira-O alcalde pide á Xunta a mellora nos accesos viarios do municipio

redacción > ferrol

  A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo onte o seu primeiro encontro institucional co alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, para tratar dos proxectos que desenvolve o Goberno galego no municipio. O rexedor aproveitou a reunión para trasladar á representante autonómica diversas demandas relacionadas co acondicionamento das infraestruturas viarias e a mellora das comunicacións na vila.
Segundo se informou dende a Xunta, Do Campo comprometeuse a estudar estas reivindicacións e "traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible". En particular, salientouse o arranxo de dous tramos de acceso á estrada AC-566, ó seu paso polo termo municipal.

Emprego > En materia de emprego, dende a Xunta lembrouse que o Concello de Cedeira conta este ano cunha subvención de preto de 130.000 euros, destinados á contratación de 14 persoas desempregadas que se adiquen a obras e servizos de interese social. Do total, ata 12 contratos son a xornada completa.
Ditas axudas encádranse dentro dos fondos achegados pola Consellería de Traballo aos municipios a través do Plan de Cooperación. Este ano, subliñan, incrementouse a partida para Cedeira en máis de 32.500 euros con respecto ao ano 2010.
O encontro forma parte da ronda de contactos que a delegada provincial está a manter cos diferentes Concellos dende que asumiu o seu cargo.

Link. www.diariodeferrol.com

 

servido por festascedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

festascedeira todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera