PREMIO da Comisión de Festas 2011
Persida Selena Rodriguez Fariñas, xerente do Bar O' Galo, foi a afortunada posuidora do boleto premiado co Televisor LG de 37'' e o Gravador NPG que a Comisión de Festas repartía como contraprestación polas doazóns efectuadas polos establecementos de Cedeira ás Festas Patronais Cedeira 2011.
Devandito establecemento contou co nº 77473 agraciado no sorteo do venres 19 de agosto no cupón da Once, e o sábado día 20 de agosto a súa propietaria xa estaba gozando do mencionado premio, nun acto que o propio Concelleiro de Cultura do Concello de Cedeira fixo entrega no mesmo establecemento.
( © 2011 - Concello de Cedeira )
