Vilancico mariñeiro

Vilancico mariñeiro.
Veñen as lanchas do mar,
de faenar, de Campelo,
voltamos ledos, moi ledos,
cargadiños de xurelo.
Hoxe en Belén nace Deus
porque Noiteboa é.
Dende o peirao vexo o fume,
e ós meus fillos coa muller.
Por que tés présa, Xoanciño?
Por que bules, ti, Manuel?
Imos levarlle ó Neniño
a chona, un bolo e mel.
Ó aflixido, ledicia,
onde hai guerra poñer paz
e cando ó portal cheguemos
bicaremos ó rapaz.
Retrouso
Xesús cos seus ollos
hanos de ollar,
pois ven a este mundo
para nos salvar.
Con pitos e gaitas,
cunchas e tambor,
cantemos en roda
ó noso Señor.
Xosé Antonio Suárez Aneiros.



Teresa Santomil dijo
jajaja preciosa letra la de este villancico, lastima que no tenga
musica..
aun cuando no comente, te sigo siempre...
Un abrazo y Feliz Navidad amigo
14 Diciembre 2011 | 11:46 PM